Traballamos coa creatividade! Bo día alumnos e alumnas! A última actividade do noso proxecto está relacionada coas dúas primeiras e por iso servirán para que desenvolvades esta terceira. Mediante o traballo previo coas cancións e os filmes, relacionados coa temática da educación, espero que ampliarades tanto o voso vocabulario en inglés coma o voso coñecemento sobre distintas situacións da vida académica, e que tamén puiderades reflexionar sobre algúns aspectos. O que debedes realizar para a próxima sesión é un mapa conceptual coa axuda da ferramenta Cmap Tools, que poderedes descargar de forma gratuita a través deste enlace . No apartado de Materiais para actividades atoparedes tres exemplos de posíbeis estruturas para a realización deste mapa. O mapa conceptual debe servirvos como estratexia para relacionar os diferentes conceptos que consideredes máis salientábeis das actividades anteriores. Na próxima aula realizaremos entre todos/as diferentes murais que reflictan as idea...