Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 6, 2019

TEMA 3. A ensinanza-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais

Imaxe
Bo día a todos/as! Hoxe gustaríame enfocar o tema da miña entrada cara ao Plurilingüismo, cuestión sobre a que estivemos a falar na última clase. Para comezar debemos aclarar que significa este concepto. O Plurilingüismo ou Multilingüismo está relacionado co feito de que unha persoa ou comunidade sexa capaz de comunicarse en varias linguas. Ao que sempre me preguntei: e quen non quere ser plurilingüe? Como estudante, e futura docente, de linguas penso que é unha riqueza a diversidade de idiomas e linguas existentes en todo o mundo. Por iso, considero que se lle debe dar importancia e valor a este feito xa que pode ser unha boa forma de evitar a desaparición de moitas linguas que están a piques da extinción. Se conseguimos que na sociedade se valorice a coexistencia de máis dunha lingua, contribuiremos á normalización desta situación que, na miña opinión, enriquece a unha cultura. Supoño que vos estaredes preguntando se estou a falar do caso do galego e, en parte