O noso proxecto! (3)

Traballamos coa creatividade!
Bo día alumnos e alumnas! A última actividade do noso proxecto está relacionada coas dúas primeiras e por iso servirán para que desenvolvades esta terceira. Mediante o traballo previo coas cancións e os filmes, relacionados coa temática da educación, espero que ampliarades tanto o voso vocabulario en inglés coma o voso coñecemento sobre distintas situacións da vida académica, e que tamén puiderades reflexionar sobre algúns aspectos. O que debedes realizar para a próxima sesión é un mapa conceptual coa axuda da ferramenta Cmap Tools, que poderedes descargar de forma gratuita a través deste enlace. No apartado de Materiais para actividades atoparedes tres exemplos de posíbeis estruturas para a realización deste mapa. O mapa conceptual debe servirvos como estratexia para relacionar os diferentes conceptos que consideredes máis salientábeis das actividades anteriores.  Na próxima aula realizaremos entre todos/as diferentes murais que reflictan as ideas plasmadas nestes mapas e o que vos fixo reflexionar. Todo isto pode representarse, na creación dos murais, a través de debuxos, frases ou calquera outro tipo de creación artística que estea relacionada coa temática destas actividades. Espero que veñades con ganas de compartir as vosas opinións e de amosar toda a vosa creatividade!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Aprendizaxe Baseada en Proxectos (Inspirado na presentación de Noemí Soto Estévez)

Comentarios noutros blogs

TEMA 1. O ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico.