Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

Escape Room

Imaxe
Bo día a todos/as!! Comparto con vos o  Escape Room  co que traballamos nesta última sesión. Espero que vos resultase interesante! Saúdiño!

TEMA 6. Programación Didáctica (Dossier)

Imaxe
Ola a todos/as e benvidos/as a esta nova entrada  Dossier  do Tema 6 sobre Programación Didáctica! O profesor Gonzalo, acompañou esta parte teórica da materia xunto a unha encomenda que resultou bastante interesante. De novo, acercámonos a unha temática importante pero que segue a ser un tanto descoñecida para nós. Ademais, necesitamos familiarizarnos con este tipo de conceptos e a forma en que debemos traballar con eles, sobre todo, de cara a un futuro relacionado coas oposicións . A tarefa consistiu nunha análise/avaliación a través da observación dunha Programación Didáctica. Traballamos por grupos e debíamos escoller unha PD real dun centro concreto. O profesor proporcionounos unha rúbrica, que se emprega na fase de oposición, para poder comprobar o grao de cumprimento da PD. Ás miñas compañeiras e a min pareceunos moi útil e interesante este contacto coa PD e, sobre todo, co proceso de avaliación na oposición. Consideramos que nos axuda a ter unha idea sobre a nosa futura opo

TEMA 6. Programación Didáctica (Diario)

Imaxe
Bo día a todos/as! Hoxe vouvos falar nesta entrada Diario sobre o Tema 6 e o seu contido: a Programación Didáctica. Este foi o último material co que estivemos traballando co profesor Gonzalo na materia de  Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional.  Primeiro, gustaríame proporcionarvos un vídeo para que vos permita aclarar o concepto de Programación Didáctica . Que é unha PD? Así logo, comentarei un pouco certos aspectos dos que vimos na aula. Como vimos na última sesión, a respecto das programacións vixentes na ESO e no Bacharelato, non hai establecido un ROC (Regramento Orgánico de Centro), trala publicación da LOMCE, no artigo 20 é onde se fala das programacións, as materias de libre configuración etc. Como xa sabemos, a Programación é o instrumento de planificación curricular básico que debe seguir o profesorado. Por outro lado, os departamentos didácticos dos centros desenvolven o currículo a través desta PD, establecida na organización do centro. No

Presentación: Programas internacionais para o fomento da aprendizaxe/ensinanza dunha lingua estranxeira

Bo día a todos/as!! Deixovos a miña presentación sobre  Programas internacionais para o fomento da aprendizaxe/ensinanza dunha lingua estranxeira non propostos pola Unión Europea  para a materia As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional. Espero que vos resulte interesante e de axuda, no caso de que esteades pensando en realizar algún tipo de curso no estranxeiro! Saúdiño!

O Noso Proxecto!

Imaxe
Bo día a todos/as!! Como proxecto final da materia, deixamos a presentación da mesma para que teñades acceso para calquera consulta que desexades ou necesitedes realizar. Grazas de novo polo voso compromiso!  

TEMA 5: Deseño Curricular (Diario)

Imaxe
Ola a todos/as! Hoxe falareivos, nesta entrada diario, sobre as sesión do 25 de novembro e 09 de decembro, da materia de  Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional. Esta parte é a que corresponde   ao   Tema 5 que trata sobre o Deseño Curricular, e que imparte o  profesor Gonzalo Constenla. A respecto dos contidos teóricos desta parte da materia, estivemos traballando con información sobre a ESO, o Bacharelato, a FP, a EOI, os seus respectivos currículos e a súa relación na  LOMCE  (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa) . Por iso, a raíz da repercusión desta Lei na Educación, gustaríame centrar a atención neste ámbito. A continuación, farei unha breve achega persoal sobre a LOMCE e a LOE  (Lei Orgánica de Educación) , esta modificada pola LOMCE. Respecto a LOE, paréceme unha Lei que si valora as necesidades de cada persoa para lograr que a educación se caraterice pola calidade. Non só isto, senón que se está a buscar a igualdade de condicións para

TEMA 5: Deseño Curricular (Dossier)

Imaxe
Bo día compañeiros/as! Hoxe gustaríame compartir con vos, nesta entrada Dossier, a experiencia da sesión dos días 25/11 e 09/12. Nesta ocasión, traballamos o  Tema 5: Deseño Curricular , co profesor Gonzalo Constenla. A primeira actividade que fixemos foi unha posta en común dos coñecementos sobre o Currículo na ESO, FP e Bacharelato. O profesor realizou unha serie de preguntas relacionadas con este tema e sobre as que debíamos realizar unha movilización destes aspectos que xa tratamos, de forma breve, na materia de  Deseño Curricular . O máis curioso resultou a forma en que tiñamos que traballar, primeiro en grupos de dúas persoas, despois de catro e seis, e así ata terminar todos na aula facendo as nosas aportacións sobre a materia. Penso que foi moi interesante esta forma de traballar, por unha parte, dinme de conta que necesitaba “refrescar” certos aspectos do currículo. Por outra banda, o feito de comezar con grupos reducidos e ir ampliando, fai que cada un de nós p

TEMA 3. A ensinanza-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais

Imaxe
Bo día a todos/as! Hoxe gustaríame enfocar o tema da miña entrada cara ao Plurilingüismo, cuestión sobre a que estivemos a falar na última clase. Para comezar debemos aclarar que significa este concepto. O Plurilingüismo ou Multilingüismo está relacionado co feito de que unha persoa ou comunidade sexa capaz de comunicarse en varias linguas. Ao que sempre me preguntei: e quen non quere ser plurilingüe? Como estudante, e futura docente, de linguas penso que é unha riqueza a diversidade de idiomas e linguas existentes en todo o mundo. Por iso, considero que se lle debe dar importancia e valor a este feito xa que pode ser unha boa forma de evitar a desaparición de moitas linguas que están a piques da extinción. Se conseguimos que na sociedade se valorice a coexistencia de máis dunha lingua, contribuiremos á normalización desta situación que, na miña opinión, enriquece a unha cultura. Supoño que vos estaredes preguntando se estou a falar do caso do galego e, en parte