Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 5, 2020

Tema 4: A Avaliación na aula de Linguas Estranxeiras

Imaxe
Bo día a todos/as! Hoxe dedicarei a miña publicación a unha parte da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, impartida pola docente Cristina Rodríguez, que trata a avaliación e o correspondente uso de descriptores (rúbricas) . Ao longo da nosa vida académica, como estudantes, experimentamos o que supón ser avaliados, ou máis ben cualificados que, malia rexistrarse como sinónimo na Real Academia Galega , non é o mesmo proceso. Comecemos deixando claro que supón cada método. A avaliación é un proceso que determina o alcance dos obxectivos, avaliar permite estimar os coñecementos, as aptitudes ou o rendemento do alumnado. Ademais, é unha oportunidade de coñecer e adoptar decisións para mellorar o rendemento académico, xa que permite cambiar e mellorar o proceso. Segundo Díaz Alcaraz (2002), este proceso divídese nas seguintes fases fundamentais: obtención de información, formulación de xuízos, toma de decisións e comunicación dos resultados da avaliación. Por