Aprendizaxe Baseada en Proxectos (Inspirado na presentación de Noemí Soto Estévez)
 Benvidos/as un día máis ao meu blog! Esta nova entrada está relacionada coa presentación  da nosa compañeira Noemí:  Aprendizaxe Baseada en Proxectos . Tamén atopei interesante este modelo de pedagoxía constructivista, que promove a aprendizaxe a través da estimulación do alumnado.                 A Aprendizaxe Baseada en Proyectos  ( Project-Based Learning ) é un método que lle facilita ao alumnado a adquisición de coñecementos e competencias a través da creación de proxectos para resolver situacións da vida real. O alumnado desenvolve a súa autonomía mediante a creación da súa propia aprendizaxe. O profesorado encárgase só de guiar ao estudantado e este debe planificar e elaborar o traballo encomendado. Desta forma, ademais da autonomía, foméntase a creatividade para a resolución de problemas ou retos que van xurdindo na creación da tarefa.  Este método está baseado no enfoque constructivista , é dicir, a través do traballo en equipo fomentamos a aprendizaxe ...