Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Presentacións

Aprendizaxe Baseada en Proxectos (Inspirado na presentación de Noemí Soto Estévez)

Imaxe
Benvidos/as un día máis ao meu blog! Esta nova entrada está relacionada coa presentación da nosa compañeira Noemí:  Aprendizaxe Baseada en Proxectos . Tamén atopei interesante este modelo de pedagoxía constructivista, que promove a aprendizaxe a través da estimulación do alumnado.  A Aprendizaxe Baseada en Proyectos  ( Project-Based Learning ) é un método que lle facilita ao alumnado a adquisición de coñecementos e competencias a través da creación de proxectos para resolver situacións da vida real. O alumnado desenvolve a súa autonomía mediante a creación da súa propia aprendizaxe. O profesorado encárgase só de guiar ao estudantado e este debe planificar e elaborar o traballo encomendado. Desta forma, ademais da autonomía, foméntase a creatividade para a resolución de problemas ou retos que van xurdindo na creación da tarefa.  Este método está baseado no enfoque constructivista , é dicir, a través do traballo en equipo fomentamos a aprendizaxe ...

A Resposta Física Total (Inspirado na presentación de Andrea Ovejero Freire)

Imaxe
Bo día a todos/as! Hoxe dedico a miña entrada ao tema co que traballou na súa presentación a nosa compañeira Andrea: A Resposta Física Total ( Total Physical Response ). Tras visualizar a súa presentación, recordei certos exercicios cos que traballaba o inglés na época escolar e decidín escribir sobre o tema.  A Resposta Física Total é un método para a ensinanza de linguas baseado na forma en que os/as nenos/as aprenden a súa primeira lingua a través de ordes e directrices. Este método, que se levou a cabo grazas ao psicólogo  James Asher , axuda á aprendizaxe de idiomas mediante a actividade física combinando fala e acción. Asher apoia a súa idea na teoría de  Memory Consolidation . A respecto desta teoría, a interiorización informativa crece xunto a intensidade e frecuencia que se atopan na memoria pola información que se agarda que se ensine. Ademais, existe a idea da lateralización cerebral que afirma que cada hemisferio se encarga de funcións concretas. ...

Suxestopedia (Inspirado na presentación de Eva Parada Antón)

Imaxe
Ola a todos/as de novo! Hoxe dedicarei a miña entrada a un tema que descoñecía por completo, ata que a nosa compañeira Eva o tratou na súa presentación: suxestopedia. O certo é que non escoitara sequera esta palabra e, despois de ver o traballo de Eva, resultoume un método moi interesante. A suxestopedia é unha ciencia que desenvolve distintas formas de Ensinanza-Aprendizaxe a través da combinación armónica e estructurada do contido lóxico co emocional. A teoría que desenvolve este método afirma que a forma de aprender é moito máis rápida, que estimula a memoria a longo prazo, e que aumenta a creatividade e as ganas de aprender. É un método útil tanto para nenos/as como para adultos/as, e é moi coñecido na ensinanza de idiomas. Baséase na activación de capacidades e habilidades potenciais do cerebro para liberar ás persoas das limitacións que establecen as normas sociais, e que poden condicionar a súa personalidade, conducta e capacidade de aprendizaxe. Os creadores d...

Ensinanza de Linguas Estranxeiras en Polonia (Inspirado na Presentación de Uxía Piñeiro Ogando)

Imaxe
Benvidos/as a esta nova entrada no meu blog sobre a Ensinanza de Linguas Estranxeiras en Polonia. Despois de acceder á presentación da nosa compañeira Uxía decidín que a miña entrada estivese relacionada con este tema. Quizá unha das razóns é que  Polonia  foi o lugar onde realicei o meu Erasmus, no meu segundo ano de carreira, e me deixou fascinada. O sistema educativo polaco , como podemos comprobar no traballo de Uxía, é moi similar ao do noso país. Desde o ano 1999, que realizaron cambios no seu modelo educativo, contan cunha ensinanza de Educación Primaria, que conta cunha duración de seis anos, e tamén coa Educación Secundaria que se divide en dous ciclos. Ademais, o acceso á educación ten carácter gratuito e obrigatorio desde os seis ata os 18 anos. O que quizá marca máis a diferenza é o sistema que teñen de reválidas. Este tipo de probas examina aos alumnos/as para determinar o coñecemento adquirido nas distintas etapas e, dependendo destas, realízanse con d...