Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 4, 2020

Suxestopedia (Inspirado na presentación de Eva Parada Antón)

Imaxe
Ola a todos/as de novo! Hoxe dedicarei a miña entrada a un tema que descoñecía por completo, ata que a nosa compañeira Eva o tratou na súa presentación: suxestopedia. O certo é que non escoitara sequera esta palabra e, despois de ver o traballo de Eva, resultoume un método moi interesante. A suxestopedia é unha ciencia que desenvolve distintas formas de Ensinanza-Aprendizaxe a través da combinación armónica e estructurada do contido lóxico co emocional. A teoría que desenvolve este método afirma que a forma de aprender é moito máis rápida, que estimula a memoria a longo prazo, e que aumenta a creatividade e as ganas de aprender. É un método útil tanto para nenos/as como para adultos/as, e é moi coñecido na ensinanza de idiomas. Baséase na activación de capacidades e habilidades potenciais do cerebro para liberar ás persoas das limitacións que establecen as normas sociais, e que poden condicionar a súa personalidade, conducta e capacidade de aprendizaxe. Os creadores d