Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

TEMA 4. Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias.

Imaxe
Bo día a todos/as! Con este novo tema gustaríame compartir con vos a miña experiencia e opinión a respecto deste  coñecemento declarativo  que vimos na aula. Considero que, como futuros docentes de linguas estranxeiras, debemos concederlle importancia tamén ao coñecemento empírico e non só ao académico. Ensinar un idioma non só consiste en explicar regras gramaticais, senón tamén o contexto sociocultural no que se desenvolve o idioma en cuestión. Ao longo da vida, estamos expostos a moito tipo de información e máis agora grazas ás TICs. O que resulta fundamental é saber diferenciar o que é unha realidade, unha verdade a medias ou directamente o que non é certo. Ás veces, resulta complicado distinguir este tipo de información e mesmo ser conscientes de se resultan ser, como diriamos agora,  fake news.  A este respecto, como futuros docentes, debemos saber como tratar certas informacións ou como desmentir ideas ou referencias, sobre distintas culturas, que se convertiron en estereot

TEMA 2. O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Imaxe
Ola compañeiros/as! Hoxe gustaríame tratar o tema do MERCL, que xa ben coñecedes todos/as, relacionándoo coa miña propia experiencia a través da EOI (Escola Oficial de Idiomas). Como xa sabedes, O MERCL é unha ferramenta moi útil para as persoas que traballamos coas linguas. Na miña opinión, é fundamental poder contar cuns criterios de aprendizaxe e avaliación que nos permitan coñecer o noso nivel, e grazas a estos mellorar nos aspectos que percibimos que son nos que temos máis carencias. Mediante a detección destas “fallas” nalgunha área concreta poderemos escoller a mellor estratexia para traballar o que máis necesitemos. Respecto a EOI (de Vigo) son alumna desta escola de idiomas desde hai sete anos. Cando me matriculei por primeira vez en inglés, fíxeno porque sempre foi unha lingua que me encantou. Malia poder acceder ao nivel B2 co título do Bacharelato, decidín comezar desde o nivel A1, é dicir desde o comezo, porque sentía a necesidade de facer un bo repaso do idioma

TEMA 1. O ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico.

Imaxe
Benvidos/as á miña primeira entrada da materia  As linguas estranxeiras no Contexto Español e Internacional . Hoxe tratarei o tema da educación e a ensinanza das linguas, xa que, creo con firmeza no poder da educación e na aprendizaxe de linguas, por iso considero que debemos outorgar a estes aspectos a importancia que merecen. Comezarei polo aspecto das distintas Leis que foron cambiando o sistema educativo a través do tempo en España. Desde o ano 1970, cando se aprobou a LGE ( Ley General de Educación ), primeira lei que introduciu o idioma moderno nunha etapa obrigatoria da educación, ata o ano 2013, momento en que se aprobou a LOMCE ( Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa ), o noso sistema educativo experimentou seis cambios de lei. Estes cambios provocan, en certo modo, unha inestabilidade na nosa educación, e están intimamente ligados á política e ao goberno en cuestión que está a dirixir o país. Isto é algo que carece de sentido se valoramos o proc

Thanksgiving Day

Imaxe
Bo día mozos e mozas! Como repaso ao noso último tema Thanksgiving Day, deixovos o enlace para que o poidades refrescar un pouco de forma máis amena. No caso de ter algún problema co enlace, atoparedes o QR correspondente a esta actividade no apartado de Materiais para actividades. Vémonos nas aulas!

Liña de Tempo

Imaxe
Bo día a todos/as! A través da seguinte liña de tempo poderedes comprobar que é o que traballaremos en cada sesión para levar a cabo o noso proxecto. Ánimo coas seguintes sesións!

O noso proxecto! (3)

Imaxe
Traballamos coa creatividade! Bo día alumnos e alumnas! A última actividade do noso proxecto está relacionada coas dúas primeiras e por iso servirán para que desenvolvades esta terceira. Mediante o traballo previo coas cancións e os filmes, relacionados coa temática da educación, espero que ampliarades tanto o voso vocabulario en inglés coma o voso coñecemento sobre distintas situacións da vida académica, e que tamén puiderades reflexionar sobre algúns aspectos. O que debedes realizar para a próxima sesión é un mapa conceptual coa axuda da ferramenta Cmap Tools, que poderedes descargar de forma gratuita a través deste enlace . No apartado de Materiais para actividades atoparedes tres exemplos de posíbeis estruturas para a realización deste mapa. O mapa conceptual debe servirvos como estratexia para relacionar os diferentes conceptos que consideredes máis salientábeis das actividades anteriores.  Na próxima aula realizaremos entre todos/as diferentes murais que reflictan as ideas pl

O noso proxecto! (2)

Imaxe
Traballamos cos filmes! Bo día a todos/as! A nosa seguinte actividade consistirá en visualizar un filme para logo realizar unha breve exposición sobre o seu argumento e a vosa opinión a respecto deste. Poderedes escoller entre dúas opcións:  Dangerous Minds ou The Breakfast Club . Cando vaiades expor, podedes apoiarvos nalgún programa de presentacións como Power Point .

O noso proxecto! (1)

Imaxe
Traballamos coa música! Bo día rapaces e rapazas! A primeira actividade para a realización deste proxecto consistirá na tradución/subtitulado dunha canción en inglés. Primeiro debedes traballar na casa coa letra enchendo os ocos baleiros nos documentos PDF que atoparedes no bloque de materiais para as actividades. Anotade calquera dúbida que teñades para resolver na aula xa que logo traballaremos co programa de subtitulado Subtitle Works . Tedes dúas opcións coas que podedes traballar, escollede a que máis vos guste!

Presentación 3, 2, 1...

Benvidos/as ao meu Blog: Gemas' Stuff! Neste vídeo tedes unha breve presentación acerca de min. Espero que as futuras publicacións sexan do voso agrado! Un saúdo!