Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 3, 2020

Tema 5: Estratexias de Comunicación

Imaxe
Bo día e benvidos/as a todos/as a esta nova entrada no meu blog! Hoxe dedicarei a miña publicación a unha parte da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, impartida pola docente Cristina Rodríguez. Gustaríame comezar recordando unha reflexión, sobre as linguas e o plurilingüismo, que fixemos coa profesora na primeira sesión. Explicounos que as distintas linguas que coñecemos non están nun compartimento estanco, que sempre hai unha mestura xa que as linguas sempre se relacionan. Isto é, asociámolas coas nosas linguas maternas ou coas que coñecemos. É moi interesante esta cuestión, xa que, coa base que teñamos, podemos entendernos en distintas linguas. Axudan unhas a outras e a asociación entre estas é moi importante. Por iso, aínda que moitas veces digamos que non sabemos nada dun idioma en cuestión, pode sorprendernos canto chegamos a entender se prestamos atención. O outro día, por exemplo, as nosas compañeiras italianas, Sonia e Tatiana, presentaronse no