Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 2, 2020

Ensinanza de Linguas Estranxeiras en Polonia (Inspirado na Presentación de Uxía Piñeiro Ogando)

Imaxe
Benvidos/as a esta nova entrada no meu blog sobre a Ensinanza de Linguas Estranxeiras en Polonia. Despois de acceder á presentación da nosa compañeira Uxía decidín que a miña entrada estivese relacionada con este tema. Quizá unha das razóns é que  Polonia  foi o lugar onde realicei o meu Erasmus, no meu segundo ano de carreira, e me deixou fascinada. O sistema educativo polaco , como podemos comprobar no traballo de Uxía, é moi similar ao do noso país. Desde o ano 1999, que realizaron cambios no seu modelo educativo, contan cunha ensinanza de Educación Primaria, que conta cunha duración de seis anos, e tamén coa Educación Secundaria que se divide en dous ciclos. Ademais, o acceso á educación ten carácter gratuito e obrigatorio desde os seis ata os 18 anos. O que quizá marca máis a diferenza é o sistema que teñen de reválidas. Este tipo de probas examina aos alumnos/as para determinar o coñecemento adquirido nas distintas etapas e, dependendo destas, realízanse con distinta f