Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 29, 2019

TEMA 4. Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias.

Imaxe
Bo día a todos/as! Con este novo tema gustaríame compartir con vos a miña experiencia e opinión a respecto deste  coñecemento declarativo  que vimos na aula. Considero que, como futuros docentes de linguas estranxeiras, debemos concederlle importancia tamén ao coñecemento empírico e non só ao académico. Ensinar un idioma non só consiste en explicar regras gramaticais, senón tamén o contexto sociocultural no que se desenvolve o idioma en cuestión. Ao longo da vida, estamos expostos a moito tipo de información e máis agora grazas ás TICs. O que resulta fundamental é saber diferenciar o que é unha realidade, unha verdade a medias ou directamente o que non é certo. Ás veces, resulta complicado distinguir este tipo de información e mesmo ser conscientes de se resultan ser, como diriamos agora,  fake news.  A este respecto, como futuros docentes, debemos saber como tratar certas informacións ou como desmentir ideas ou referencias, sobre distintas culturas, que se convertiron en estereot