TEMA 5: Deseño Curricular (Diario)
Ola a todos/as! Hoxe falareivos, nesta entrada diario, sobre as sesión do 25 de novembro e 09 de decembro, da materia de Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional. Esta parte é a que corresponde ao Tema 5 que trata sobre o Deseño Curricular, e que imparte o profesor Gonzalo Constenla. A respecto dos contidos teóricos desta parte da materia, estivemos traballando con información sobre a ESO, o Bacharelato, a FP, a EOI, os seus respectivos currículos e a súa relación na LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa) . Por iso, a raíz da repercusión desta Lei na Educación, gustaríame centrar a atención neste ámbito. A continuación, farei unha breve achega persoal sobre a LOMCE e a LOE (Lei Orgánica de Educación) , esta modificada pola LOMCE. Respecto a LOE, paréceme unha Lei que si valora as necesidades de cada persoa para lograr que a educación se caraterice pola calidade. Non só isto, senón qu...