TEMA 6. Programación Didáctica (Diario)
Bo día a todos/as! Hoxe vouvos falar nesta entrada Diario sobre o Tema 6 e o seu contido: a Programación Didáctica. Este foi o último material co que estivemos traballando co profesor Gonzalo na materia de Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional. Primeiro, gustaríame proporcionarvos un vídeo para que vos permita aclarar o concepto de Programación Didáctica . Que é unha PD? Así logo, comentarei un pouco certos aspectos dos que vimos na aula. Como vimos na última sesión, a respecto das programacións vixentes na ESO e no Bacharelato, non hai establecido un ROC (Regramento Orgánico de Centro), trala publicación da LOMCE, no artigo 20 é onde se fala das programacións, as materias de libre configuración etc. Como xa sabemos, a Programación é o instrumento de planificación curricular básico que debe seguir o profesorado. Por outro lado, os departamentos didácticos dos centros desenvolven o currículo a través desta PD, establecida na organización do centro. ...