Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 21, 2019

TEMA 2. O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Imaxe
Ola compañeiros/as! Hoxe gustaríame tratar o tema do MERCL, que xa ben coñecedes todos/as, relacionándoo coa miña propia experiencia a través da EOI (Escola Oficial de Idiomas). Como xa sabedes, O MERCL é unha ferramenta moi útil para as persoas que traballamos coas linguas. Na miña opinión, é fundamental poder contar cuns criterios de aprendizaxe e avaliación que nos permitan coñecer o noso nivel, e grazas a estos mellorar nos aspectos que percibimos que son nos que temos máis carencias. Mediante a detección destas “fallas” nalgunha área concreta poderemos escoller a mellor estratexia para traballar o que máis necesitemos. Respecto a EOI (de Vigo) son alumna desta escola de idiomas desde hai sete anos. Cando me matriculei por primeira vez en inglés, fíxeno porque sempre foi unha lingua que me encantou. Malia poder acceder ao nivel B2 co título do Bacharelato, decidín comezar desde o nivel A1, é dicir desde o comezo, porque sentía a necesidade de facer un bo repaso do idioma