Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020
Imaxe
SUMMER CAMPSITE Guaranteed academic success starts here!! Our programs are designed to give teenager students the academic and language skills required for higher education. Whatever path you’re destined for, we can help you fulfill your potential. From 3 to 8 weeks! Immerse yourself in the daily life of your new country by living in a local campsite. You’ll enrich your understanding of the culture, pick up expressions with greater ease and acquire a more authentic accent. Homestay hosts are conveniently located, so that you can come and go as you please. For Further Information:  +1 (857) 215-2399‬

Presentación Unidade

Bo día a todos/as! Deixovos a presentación da Unidade encomendada por Marie, espero que vos guste!

Comentarios noutros blogs

Imaxe
Ola a todos/as! Deixovos nesta entrada os enlaces correspondentes aos comentarios que realicei nos blogs doutras compañeiras, da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras impartida pola profesora Cristina Rodríguez. Saudiño! -Comentario no  blog  de Tania Rodríguez. -Comentario no  blog  de Andrea Ovejero. -Comentario no  blog  de Uxía Piñeiro.

Tema 4: A Avaliación na aula de Linguas Estranxeiras

Imaxe
Bo día a todos/as! Hoxe dedicarei a miña publicación a unha parte da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, impartida pola docente Cristina Rodríguez, que trata a avaliación e o correspondente uso de descriptores (rúbricas) . Ao longo da nosa vida académica, como estudantes, experimentamos o que supón ser avaliados, ou máis ben cualificados que, malia rexistrarse como sinónimo na Real Academia Galega , non é o mesmo proceso. Comecemos deixando claro que supón cada método. A avaliación é un proceso que determina o alcance dos obxectivos, avaliar permite estimar os coñecementos, as aptitudes ou o rendemento do alumnado. Ademais, é unha oportunidade de coñecer e adoptar decisións para mellorar o rendemento académico, xa que permite cambiar e mellorar o proceso. Segundo Díaz Alcaraz (2002), este proceso divídese nas seguintes fases fundamentais: obtención de información, formulación de xuízos, toma de decisións e comunicación dos resultados da avaliación. Por

Tema 5: Estratexias de Comunicación

Imaxe
Bo día e benvidos/as a todos/as a esta nova entrada no meu blog! Hoxe dedicarei a miña publicación a unha parte da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, impartida pola docente Cristina Rodríguez. Gustaríame comezar recordando unha reflexión, sobre as linguas e o plurilingüismo, que fixemos coa profesora na primeira sesión. Explicounos que as distintas linguas que coñecemos non están nun compartimento estanco, que sempre hai unha mestura xa que as linguas sempre se relacionan. Isto é, asociámolas coas nosas linguas maternas ou coas que coñecemos. É moi interesante esta cuestión, xa que, coa base que teñamos, podemos entendernos en distintas linguas. Axudan unhas a outras e a asociación entre estas é moi importante. Por iso, aínda que moitas veces digamos que non sabemos nada dun idioma en cuestión, pode sorprendernos canto chegamos a entender se prestamos atención. O outro día, por exemplo, as nosas compañeiras italianas, Sonia e Tatiana, presentaronse no

Comentarios noutros blogs

Imaxe
Ola a todos/as! Deixovos nesta entrada os enlaces correspondentes aos comentarios que realicei nos blogs doutras compañeiras, da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras impartida polo profesor Gonzalo Constenla. Saudiño! -Comentario no  blog  de Tatiana Vendramini. -Comentario no  blog  de Eva Parada Antón. - Comentario no  blog  de Uxía Piñeiro Ogando.

Tema 1. Situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras

Imaxe
Bo día a todos/as! Benvidos/as a esta nova  entrada, neste caso, en relación coa materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Hoxe realizarei a miña aportación respecto ao traballado na aula co profesor Gonzalo. Nesta parte da materia tratamos diferentes aspectos moi interesantes como, por exemplo, as diferenzas entre os termos lingua habitual, de traballo ou vehicular, mais tamén descubrimos, mediante a realización dalgunha actividade, que temos máis bagaxe sobre linguas do que pensamos. Na parte máis teórica das sesións estivemos traballando con novos conceptos que me gustaría comentar nesta entrada. Comezarei cos termos lingua inicial, materna, segunda e estranxeira.  A lingua inicial podemos dicir que se adquire como forma de comunicar, non a aprendemos coa intención propia de aprendizaxe, adquírese de maneira inconsciente e antes da etapa escolar. O termo lingua materna é moi confuso xa que semella asociarse en exclusiva coa nai, o que non resulta moi raz

Aprendizaxe Baseada en Proxectos (Inspirado na presentación de Noemí Soto Estévez)

Imaxe
Benvidos/as un día máis ao meu blog! Esta nova entrada está relacionada coa presentación da nosa compañeira Noemí:  Aprendizaxe Baseada en Proxectos . Tamén atopei interesante este modelo de pedagoxía constructivista, que promove a aprendizaxe a través da estimulación do alumnado.  A Aprendizaxe Baseada en Proyectos  ( Project-Based Learning ) é un método que lle facilita ao alumnado a adquisición de coñecementos e competencias a través da creación de proxectos para resolver situacións da vida real. O alumnado desenvolve a súa autonomía mediante a creación da súa propia aprendizaxe. O profesorado encárgase só de guiar ao estudantado e este debe planificar e elaborar o traballo encomendado. Desta forma, ademais da autonomía, foméntase a creatividade para a resolución de problemas ou retos que van xurdindo na creación da tarefa.  Este método está baseado no enfoque constructivista , é dicir, a través do traballo en equipo fomentamos a aprendizaxe social. Mediante as teor

A Resposta Física Total (Inspirado na presentación de Andrea Ovejero Freire)

Imaxe
Bo día a todos/as! Hoxe dedico a miña entrada ao tema co que traballou na súa presentación a nosa compañeira Andrea: A Resposta Física Total ( Total Physical Response ). Tras visualizar a súa presentación, recordei certos exercicios cos que traballaba o inglés na época escolar e decidín escribir sobre o tema.  A Resposta Física Total é un método para a ensinanza de linguas baseado na forma en que os/as nenos/as aprenden a súa primeira lingua a través de ordes e directrices. Este método, que se levou a cabo grazas ao psicólogo  James Asher , axuda á aprendizaxe de idiomas mediante a actividade física combinando fala e acción. Asher apoia a súa idea na teoría de  Memory Consolidation . A respecto desta teoría, a interiorización informativa crece xunto a intensidade e frecuencia que se atopan na memoria pola información que se agarda que se ensine. Ademais, existe a idea da lateralización cerebral que afirma que cada hemisferio se encarga de funcións concretas. O hemisferio e

Suxestopedia (Inspirado na presentación de Eva Parada Antón)

Imaxe
Ola a todos/as de novo! Hoxe dedicarei a miña entrada a un tema que descoñecía por completo, ata que a nosa compañeira Eva o tratou na súa presentación: suxestopedia. O certo é que non escoitara sequera esta palabra e, despois de ver o traballo de Eva, resultoume un método moi interesante. A suxestopedia é unha ciencia que desenvolve distintas formas de Ensinanza-Aprendizaxe a través da combinación armónica e estructurada do contido lóxico co emocional. A teoría que desenvolve este método afirma que a forma de aprender é moito máis rápida, que estimula a memoria a longo prazo, e que aumenta a creatividade e as ganas de aprender. É un método útil tanto para nenos/as como para adultos/as, e é moi coñecido na ensinanza de idiomas. Baséase na activación de capacidades e habilidades potenciais do cerebro para liberar ás persoas das limitacións que establecen as normas sociais, e que poden condicionar a súa personalidade, conducta e capacidade de aprendizaxe. Os creadores d

Ensinanza de Linguas Estranxeiras en Polonia (Inspirado na Presentación de Uxía Piñeiro Ogando)

Imaxe
Benvidos/as a esta nova entrada no meu blog sobre a Ensinanza de Linguas Estranxeiras en Polonia. Despois de acceder á presentación da nosa compañeira Uxía decidín que a miña entrada estivese relacionada con este tema. Quizá unha das razóns é que  Polonia  foi o lugar onde realicei o meu Erasmus, no meu segundo ano de carreira, e me deixou fascinada. O sistema educativo polaco , como podemos comprobar no traballo de Uxía, é moi similar ao do noso país. Desde o ano 1999, que realizaron cambios no seu modelo educativo, contan cunha ensinanza de Educación Primaria, que conta cunha duración de seis anos, e tamén coa Educación Secundaria que se divide en dous ciclos. Ademais, o acceso á educación ten carácter gratuito e obrigatorio desde os seis ata os 18 anos. O que quizá marca máis a diferenza é o sistema que teñen de reválidas. Este tipo de probas examina aos alumnos/as para determinar o coñecemento adquirido nas distintas etapas e, dependendo destas, realízanse con distinta f

Comentarios noutros Blogs

Imaxe
Ola a todos/as! Deixovos nesta entrada os enlaces correspondentes aos comentarios que realicei nos blogs doutras compañeiras, da materia de Linguas Estranxeiras impartida polo profesor Gonzalo Constenla. Saúdiño! -Comentario no blog de Alba López Villaumbrales. -Comentario no blog de Raquel Martínez Hermida. - Comentario no blog de Ana González.