Tema 5: Estratexias de Comunicación

Bo día e benvidos/as a todos/as a esta nova entrada no meu blog! Hoxe dedicarei a miña publicación a unha parte da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, impartida pola docente Cristina Rodríguez.




Gustaríame comezar recordando unha reflexión, sobre as linguas e o plurilingüismo, que fixemos coa profesora na primeira sesión. Explicounos que as distintas linguas que coñecemos non están nun compartimento estanco, que sempre hai unha mestura xa que as linguas sempre se relacionan. Isto é, asociámolas coas nosas linguas maternas ou coas que coñecemos. É moi interesante esta cuestión, xa que, coa base que teñamos, podemos entendernos en distintas linguas. Axudan unhas a outras e a asociación entre estas é moi importante. Por iso, aínda que moitas veces digamos que non sabemos nada dun idioma en cuestión, pode sorprendernos canto chegamos a entender se prestamos atención. O outro día, por exemplo, as nosas compañeiras italianas, Sonia e Tatiana, presentaronse no seu idioma e, malia non entender todo, eramos capaces de comprender algunha información que nos contaban sobre elas. Ademais da súa colaboración, realizando un discurso lento adaptado a nós, o contexto tamén é fundamental para unha mellor comprensión e, ademais, o italiano e o español son linguas que comparten a mesma orixe.



Alén disto, gustaríame tratar tamén o tema de mediación nas aulas. É un erro seguir a falar de catro destrezas: comprensión e produción oral, e comprensión e produción escrita. Ao igual que estas partes son importantes tamén o é a mediación. Considero que cando se está a aprender unha lingua non se debe centrar na práctica da gramática en exclusiva, que é ao que nós máis estamos acostumados desde a escola, nin tampouco na memorización de vocabulario. A mellor forma de adquirir ou practicar un idioma é traballando con este de forma activa. Para isto, unha das maneiras máis efectiva é a través da fala e de forma colectiva. Na miña opinión, o medo ao erro, ese medo a non pronunciar ben, a construír mal unha estrutura... é o que impide que avancemos. É moi importante que os/as estudantes de linguas teñan claro que se cometen erros, ser conscientes disto e autocorrixirse é unha moi boa forma de mellorar. Por iso, as actividades de mediación son moi útiles, tanto para a práctica oral como para a escrita, e deberían integrarse no día a día da ensinanza dun idioma.

Cando abordo este tema sempre poño de exemplo a Escola Oficial de Idiomas. Malia non ter a mellor experiencia no colexio, debo recoñecer que na EOI experimentei todo o contrario. Aquí dáselle moita importancia á mediación. Se ben é certo que tamén traballamos gramática e vocabulario, non só se centran nisto. Na parte da mediación escrita, realizamos diversas tarefas que nos permiten desenvolver máis habilidades que se nos centramos en actividades puramente de escrita (e de forma individual) como pode ser un exercicio de readingou un writing. Resulta máis beneficioso realizar as tarefas en parellas, ou mesmo en grupo, de forma que teñamos que explicar ou transmitir o que acabamos de ler. Se traballamos cun texto ou cunha información que despois debemos explicar coas nosas palabras é a mellor forma de implicarnos no proceso de comprensión, porque debemos interiorizar e entender os datos para despois reformulalos, e no proceso de expresión. Por exemplo, na EOI, é moi común que traballemos por parellas e que debamos explicarlle á outra persoa o argumento dun texto que se nos facilitou. Outra actividade é proporcionar tamén información que nós temos para que a outra persoa cubra, por exemplo, unha ficha que está incompleta. Creo que é un método moi eficaz para tratar as destrezas do ámbito oral e escrito. Mesmo tamén con actividades de comprensión oral, listening, tras escoitar un audio debemos compartir en grupo o que entendeu cada un, a opinión sobre o tema... Tras, previamente á escoita do audio, realizar unha mobilización de coñecementos que facilita a realización da tarefa.

Compartirei con vós unha experiencia persoal. Cando decidín estudar Tradución e Interpretación, o meu sono era ser intérprete. E digo sono porque a miña idea era interpretar na ONU, como digo, un sono xa que moi poucos conseguen entrar nesta Organización. Mais, o peor non era saber que non acabaría interpretando aquí, senón era darme conta que a interpretación non sería a forma de gañarme a vida. Entendín que non se me daba ben, pero é só culpa miña ou é culpa tamén da forma coa que crecín estudando inglés? Supoño que sempre me quedará a opción de utilizar a interpretación na parte persoal da vida como, por exemplo, cada vez que me reúno con amigos/as doutros países cos/cas que non compartimos idioma e debo mediar entre eles e os/as que non falan inglés. É algo que me gusta moito, mais que nunca tiven a práctica deste proceso de mediación ao que agora, por sorte, se lle está a dar tanta importancia e, polo tanto, considero que non teño a habilidade necesaria que require a interpretación simultánea.

E vós, que opinades? Considerades que se debe incluír a mediación como parte do resto de destrezas? Ou deberían tratala por separado? Espero que atopedes útil a miña reflexión e compartades conmigo a vosa experiencia ou opinión. Lémonos! Saudiño!



Comentarios

  1. Hola,

    ¿Mediación o meditación? Piensa bien la respuesta. Mediación, el uso social de las lenguas. Por cierto, me encanta como escribes. Lo vives. Serás una magnífica docente.

    La incomunicación. La intolerancia. La incomprensión. Mi irreductible rebeldía. En algunas ocasiones, intentando no llamar la atención, un superagente vive infiltado entre nosotros descubriendo cómo las personas podemos ayudarnos las unas a las otras. La mediación no es una destreza, es una necesidad. Mediación interlingüística, intralingüística, … Mediación, SÍ.

    Mediación, comunicación. El mal que sufren los tiempos modernos. La juventud, adormecida. La juventud del "like". Alguna forma de entretenimiento social para crear una horda de descerebrados, y, en general, cualquier forma de odio a la crítica social. Mientras tanto, el "show" continúa. Mediación, siempre. Por desgracia, el teléfono inteligente es nuestro mejor signo de inteligencia.

    Gema, buen trabajo.

    Miguel Alonso

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Aprendizaxe Baseada en Proxectos (Inspirado na presentación de Noemí Soto Estévez)

Thanksgiving Day

TEMA 5: Deseño Curricular (Diario)