Tema 4: A Avaliación na aula de Linguas Estranxeiras

Bo día a todos/as! Hoxe dedicarei a miña publicación a unha parte da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, impartida pola docente Cristina Rodríguez, que trata a avaliación e o correspondente uso de descriptores (rúbricas).




Ao longo da nosa vida académica, como estudantes, experimentamos o que supón ser avaliados, ou máis ben cualificados que, malia rexistrarse como sinónimo na Real Academia Galega, non é o mesmo proceso. Comecemos deixando claro que supón cada método. A avaliación é un proceso que determina o alcance dos obxectivos, avaliar permite estimar os coñecementos, as aptitudes ou o rendemento do alumnado. Ademais, é unha oportunidade de coñecer e adoptar decisións para mellorar o rendemento académico, xa que permite cambiar e mellorar o proceso. Segundo Díaz Alcaraz (2002), este proceso divídese nas seguintes fases fundamentais: obtención de información, formulación de xuízos, toma de decisións e comunicación dos resultados da avaliación. Por outro lado, o proceso de cualificar supón interpretar a información de acordo cun criterio ou escala arbitraria que se interpreta en xuízos de valor. No noso sistema educativo esta nota varía entre 1 e 10 (mínimo e máximo). Non debemos confundir estes termos xa que o resultado sería unha menor calidade educativa e empeoraría o proceso de aprendizaxe do alumnado. Na actualidade, xa non só se está a avaliar e cualificar ao alumnado mediante un exame, existen outros métodos, e máis productivos, que miden os progresos tanto na parte escrita coma na oral. Algúns destes poden ser: a análise do caderno do alumnado, carpetas de traballo ou portfolios, exposicións, debates...

O proceso de avaliación pode levarse a acabo de diversas maneiras, o máis interesante é que permite observar ao alumnado e proporciona información sobre as súas fortalezas e debilidades no tocante á materia. A avaliación das competencias debe realizarse mediante instrumentos que midan o desenvolvemento do alumnado ante a resolución de problemas que simulen contextos reais, a través da mobilización dos coñecementos, destrezas, valores e actitudes. Deben utilizarse procedementos de avaliación variados para que o proceso non só se centre nunha área determinada, senón que se valore todo nun conxunto. Alén disto, estes procedementos variados facilitan a avaliación do alumnado no proceso Ensinanza-Aprendizaxe e, resulta tamén, un instrumento fundamental para a mellora da calidade da educación. Os niveis de desempeño das competencias poderanse medir con indicadores de logro, como rúbricas ou escalas de avaliación. Existen tres tipos de avaliación: inicial e formativa, para axustar a axuda pedagóxica ás características individuais do alumnado, e a sumativa, para determinar o grao en que se lograron as intencións educativas. O interesante da avaliación formativa é que o alumnado é responsable da súa aprendizaxe, o que lle permite autoavaliarse durante o curso. Mais o que eu considero esencial e moi positivo é o feedback. Isto permítelle ao alumnado recoñecer os seus puntos fortes e débiles e centrarse así nos aspectos que precisan ser máis traballados.

Para facilitar todo este proceso contamos coas rúbricas, tan necesarias para docentes coma para o alumnado. Estas facilitan a avaliación do alumnado mediante unha variedade de criterios en vez de só contas numéricas, proporcionan criterios específicos que miden e documentan o progreso do estudantado. Unha rúbrica é unha ferramenta que favorece o proceso de E-A, o alumnado coñecerá así os criterios a partir dos cales se xulgará o seu traballo, e saberá como alcanzar os obxectivos do docente no tocante a un determinado tema. Outras vantaxes son, por exemplo, que o alumnado poderá realizar unha revisión final aos traballos antes de entregalos, sabendo se está a cumplir os requisitos mínimos, e facilítase tamén este feedback ao respecto das súas carencias nas áreas onde debe mellorar. Ademais, é un método máis obxectivo, xa que, os criterios de medición están explícitos e non se poden cambiar de forma arbitraria. Mais, debo recoñecer que, a elaboración dunha rúbrica é máis complexo do que pode parecer. Cada criterio que redactemos nesta debe ser avaliable e medible, deben ser obxectivos realistas e adecuados ás tarefas coas que se van relacionar. Na última sesión coa docente Cristina, terminamos de elaborar unha actividade, Intercultural Information, ideada para un grupo da ESO, na que tivemos que realizar unha rúbrica. Resultou interesante, primeiro para saber como elaborar unha ferramenta tan útil, para docentes e alumnado, pero tamén, para darnos conta de que non é tan sinxelo como pode parecer. Deixovos a tarefa realizada polo meu grupo para que poidades comprobar do que vos estou a falar.



Despois desta breve explicación sobre o método de avaliación e as rúbricas gustaríame expresar a miña opinión. No tocante ao feedback, ao que fixen referencia nesta entrada, considero que é un dos aspectos máis importantes do proceso E-A. Desde a miña experiencia, non sempre tiven claro que era o que se me pedía ou o motivo/criterio polo que se me avaliaba dunha forma ou outra. E polo tanto tamén descoñecía as áreas onde debía mellorar. É por iso que o feedback xunto ás rúbricas son esenciais. O alumnado debe coñecer o que está a facer mal para poder melloralo, mais tamén considero moi importante a forma en que transmitimos esta necesidade de mellora. En etapas tan delicadas como a adolescencia é fundamental saber transmitir as críticas, para que motiven e fomenten as ganas de traballar do alumnado, e non resulten no contrario, xa que pode provocar consecuencias negativas no seu rendemento. E vos, que opinades sobre este tema? Saúdos!

Comentarios

  1. Ola Gema!
    Parabéns pola túa entrada e polo teu blog, a verdade é que a lectura das túas entradas resulta moi amena porque explicas todo de maneira moi clara e resumes á perfección como traballastes no voso grupo.
    En primeiro lugar, paréceme fundamental a diferenciación que fas entre os conceptos de avaliar e cualificar, posto que soen confundirse e é un erro moi grave, xa que coma ti ben dis empeoraría en grande medida a calidade da ensinanza e o proceso de aprendizaxe do alumnado. Na miña opinión, é preciso que avaliemos todo o que fan os alumnos para poder guialos ata a consecución dos obxectivos que queremos, pero non debemos cualificar todo porque pode ter consecuencias negativas. Concordo contigo tamén en que, debido á introdución da avaliación por competencias, faise necesario empregar instrumentos máis innovadores para medir o proceso de aprendizaxe, que debe estar baseado en contextos reais que lles sexan útiles para a súa vida.
    Por outra banda, estou de acordo contigo en que o feedback é algo esencial. Pareceume moi interesante este tema cando o tratamos na aula porque ata o momento ninguén nos indicara como se debe facer e pode parecer unha cuestión moi sinxela, pero para nada. Hai que saber medir moi ben as palabras, sobre todo tratando con adolescentes coma ti indicas, e procurar que esas indicacións que se lles dan se asimilen e entendan para que poidan dar avances reais no seu rendemento académico. Con todo, penso que non existe unha fórmula máxica para isto, xa que cada alumno é un mundo e para uns terá máis efecto unha forma de dar feedback que outra. Por exemplo, no noso grupo falamos de que, aínda que a gran maioría estamos en contra de ofrecer soamente notas numéricas, estas a veces son necesarias porque senón o alumnado non é capaz de darse conta de se o fixo ben ou mal. Estamos tan acostumados a este sistema numérico que cando nos falta non sabemos situarnos… Ti que opinas?
    Finalmente, paréceme que explicaches moi ben as vantaxes que supón empregar unha rúbrica na aula de linguas estranxeiras, tanto para o docente coma para o alumnado. Aínda que deseñar unha supoña moito traballo, coma ben puidemos comprobar na aula, penso que merece a pena por todos os beneficios que aporta.
    Graciñas polas túas aportacións e que teñas moi bo día!
    Alba

    ResponderEliminar
  2. Hola Gema!

    Estoy totalmente de acuerdo contigo en lo que explicas sobre el feedback en la evaluación: como dices, creo que nos representa a todos esa sensación de recibir una calificación que no sabemos qué representa en relación con nuestros conocimientos. Durante toda mi experiencia educativa he sentido con muchos/as docentes que no sabía qué buscaban del alumnado y, por ese motivo, el aprendizaje en sí ya resultaba complicado. En ese sentido sí que creo que el sistema de rúbricas puede ser de gran ayuda para permitir tanto al docente como al alumnado saber qué se busca.

    Sin embargo, creo que es cierto lo que comenta Alba en su comentario sobre la calificación numérica: estamos tan inmersos en ese tipo de evaluación que creo que si un/a alumno/a llega a casa con una valoración en base a una rúbrica ni él/ella ni su familia sabrían en qué punto se encuentra y, por eso, creo que al final la traducción a número seguirá siendo necesaria.

    Gracias por tu entrada!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Aprendizaxe Baseada en Proxectos (Inspirado na presentación de Noemí Soto Estévez)

Thanksgiving Day

TEMA 5: Deseño Curricular (Diario)