Benvidos/as á miña primeira entrada da materia As linguas estranxeiras no Contexto Español e Internacional . Hoxe tratarei o tema da educación e a ensinanza das linguas, xa que, creo con firmeza no poder da educación e na aprendizaxe de linguas, por iso considero que debemos outorgar a estes aspectos a importancia que merecen. Comezarei polo aspecto das distintas Leis que foron cambiando o sistema educativo a través do tempo en España. Desde o ano 1970, cando se aprobou a LGE ( Ley General de Educación ), primeira lei que introduciu o idioma moderno nunha etapa obrigatoria da educación, ata o ano 2013, momento en que se aprobou a LOMCE ( Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa ), o noso sistema educativo experimentou seis cambios de lei. Estes cambios provocan, en certo modo, unha inestabilidade na nosa educación, e están intimamente ligados á política e ao goberno en cuestión que está a dirixir o país. Isto é algo que carece de sentido se valoramos o ...
Ola a todos/as e benvidos/as a esta nova entrada Dossier do Tema 6 sobre Programación Didáctica! O profesor Gonzalo, acompañou esta parte teórica da materia xunto a unha encomenda que resultou bastante interesante. De novo, acercámonos a unha temática importante pero que segue a ser un tanto descoñecida para nós. Ademais, necesitamos familiarizarnos con este tipo de conceptos e a forma en que debemos traballar con eles, sobre todo, de cara a un futuro relacionado coas oposicións . A tarefa consistiu nunha análise/avaliación a través da observación dunha Programación Didáctica. Traballamos por grupos e debíamos escoller unha PD real dun centro concreto. O profesor proporcionounos unha rúbrica, que se emprega na fase de oposición, para poder comprobar o grao de cumprimento da PD. Ás miñas compañeiras e a min pareceunos moi útil e interesante este contacto coa PD e, sobre todo, co proceso de avaliación na oposición. Consideramos que nos axuda a ter unha idea sobre a nosa f...
Bo día a todos/as! Benvidos/as a esta nova entrada, neste caso, en relación coa materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Hoxe realizarei a miña aportación respecto ao traballado na aula co profesor Gonzalo. Nesta parte da materia tratamos diferentes aspectos moi interesantes como, por exemplo, as diferenzas entre os termos lingua habitual, de traballo ou vehicular, mais tamén descubrimos, mediante a realización dalgunha actividade, que temos máis bagaxe sobre linguas do que pensamos. Na parte máis teórica das sesións estivemos traballando con novos conceptos que me gustaría comentar nesta entrada. Comezarei cos termos lingua inicial, materna, segunda e estranxeira. A lingua inicial podemos dicir que se adquire como forma de comunicar, non a aprendemos coa intención propia de aprendizaxe, adquírese de maneira inconsciente e antes da etapa escolar. O termo lingua materna é moi confuso xa que semella asociarse en exclusiva coa nai, o que ...
Comentarios
Publicar un comentario