TEMA 5: Deseño Curricular (Dossier)

Bo día compañeiros/as! Hoxe gustaríame compartir con vos, nesta entrada Dossier, a experiencia da sesión dos días 25/11 e 09/12. Nesta ocasión, traballamos o Tema 5: Deseño Curricular, co profesor Gonzalo Constenla.




A primeira actividade que fixemos foi unha posta en común dos coñecementos sobre o Currículo na ESO, FP e Bacharelato. O profesor realizou unha serie de preguntas relacionadas con este tema e sobre as que debíamos realizar unha movilización destes aspectos que xa tratamos, de forma breve, na materia de Deseño Curricular. O máis curioso resultou a forma en que tiñamos que traballar, primeiro en grupos de dúas persoas, despois de catro e seis, e así ata terminar todos na aula facendo as nosas aportacións sobre a materia. Penso que foi moi interesante esta forma de traballar, por unha parte, dinme de conta que necesitaba “refrescar” certos aspectos do currículo. Por outra banda, o feito de comezar con grupos reducidos e ir ampliando, fai que cada un de nós pense e se esforce en recordar información para compartir cos demais e, a medida que imos aumentando os compoñentes do grupo, xorden novas aportacións e mesmo podemos autocorrixirnos en caso de descubrir que a nosa resposta previa non era a máis axeitada, ou que se nos esquecera engadir outros datos.

A seguinte tarefa coa que traballamos na aula realízouse a través dunha ferramenta innovadora chamada Kahoot! Esta consistía nunha serie de preguntas sobre os contidos do currículo a respecto da LOMCE, Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, e sobre quen se encarga de tomar as decisóns de acordo a estes contidos como, por exemplo, as horas ás que se lles deben dedicar a certas materias, entre outras cuestións. Entre as posibilidades que tiñamos para responder atopamos o Goberno, as Autonomías, o Ministerio de Educación e os Centros. A verdade, serviunos para descubrir que non tiñamos moito control nestes temas, tamén a situación contra o reloxo non axudaba, ademais de sorprendernos as competencias que tiñan nalgúns aspectos o Goberno e outros onde non tiñan nada que ver.



Tras esta actividade, o profesor dividiu de novo a clase en grupos para que cada un traballase cunha área relacionada coas Linguas Estranxeiras (na ESO, Bacharelato e FP) na LOMCE. No meu grupo tivemos que traballar cos apartados sobre Características Xerais da Avaliación das Linguas Estranxeiras da ESO na LOMCE e cos Principios e Obxectivos xerais do Bacharelato. A parte da exposición realizamola na sesión do día nove, e cada grupo tivo que facer unha presentación coa información recabada. Tras a posta en común da información recompilada destes apartados asignados, fixemos unha avaliación ou feedback entre os/as compañeiros/as, na que se valoraba de maneira formativa a correspondente exposición de cada grupo.







Para concluír, gustaríame facer unha valoración sobre a metodoloxía empregada nesta sesión a respecto destas tarefas. Na miña opinión, considero moi positiva esta forma de traballar, ao xuntarnos en grupos podemos compartir ideas e aprender nova información relacionada coa materia. Alén disto, a ferramenta Kahoot! pareceume unha moi boa forma de captar a atención do alumnado e motivalo para que se implique no proceso Ensinanza-Aprendizaxe. E vos, que pensades? Lémonos!

Comentarios

  1. Hola Gema!

    Estoy totalmente de acuerdo contigo respecto a lo que indicas de la metodología empleada en estas clases. Además, mediante el método de preguntas, el rompecabezas y las indicaciones del profesor, creamos nuestro propio aprendizaje habituándonos a buscar información en documentos oficiales. Respecto a Kahoot es una herramienta que me parece muy interesante no solo para nuestro propio aprendizaje en esta material sino también para aplicarlo con nuestros potenciales futuros alumnos.

    Un saludo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Aprendizaxe Baseada en Proxectos (Inspirado na presentación de Noemí Soto Estévez)

Comentarios noutros blogs

TEMA 1. O ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico.