Aprendizaxe Baseada en Proxectos (Inspirado na presentación de Noemí Soto Estévez)

Benvidos/as un día máis ao meu blog! Esta nova entrada está relacionada coa presentación da nosa compañeira Noemí: Aprendizaxe Baseada en Proxectos. Tamén atopei interesante este modelo de pedagoxía constructivista, que promove a aprendizaxe a través da estimulación do alumnado. 




A Aprendizaxe Baseada en Proyectos (Project-Based Learning) é un método que lle facilita ao alumnado a adquisición de coñecementos e competencias a través da creación de proxectos para resolver situacións da vida real. O alumnado desenvolve a súa autonomía mediante a creación da súa propia aprendizaxe. O profesorado encárgase só de guiar ao estudantado e este debe planificar e elaborar o traballo encomendado. Desta forma, ademais da autonomía, foméntase a creatividade para a resolución de problemas ou retos que van xurdindo na creación da tarefa. Este método está baseado no enfoque constructivista, é dicir, a través do traballo en equipo fomentamos a aprendizaxe social. Mediante as teorías, o alumnado é quen leva as tarefas á práctica, a través do desenvolvemento dun proxecto que se relaciona cun tema de interese. É un modelo enfocado a todos os niveis educativos, a súa intención é preparar aos/ás estudantes para a presente sociedade mediante o seu desenvolvemento profesional e persoal.


Os obxectivos deste método son diversos: mobilizar os coñecementos que xa foron adquiridos, examinar con detemento os coñecementos e contidos, desenvolver o pensamento crítico, a análise e resolución de problemas, escoller recursos de aprendizaxe, utilizar de forma axeitada as TIC, seleccionar a información, facerse cargo de certas responsabilidades, formar parte dos debates e asumir a responsabilidade do proceso de aprendizaxe. 

Como en calquera método de Ensinanza-Aprendizaxe existen aspectos positivos e negativos. Entre os positivos destacan a preparación para o seu futuro laboral, o aumento da motivación, a relación entre a aprendizaxe coa realidade, as habilidades sociais e de comunicación, a mellora da comprensión lectora e análise crítica, e o aumento da autoestima. Por outra banda, entre os aspectos negativos atopamos a complexidade que caracteriza a este modelo, a falta de compromiso e tempo, e a gran cantidade de traballo que supón.

Na miña opinión, este método de aprendizaxe resulta moi enriquecedor xa que, a través desta metodoloxía, o alumnado non só memoriza ou recopila información, senón que aprende facendo. Ademais, debido ao interese que lle pode provocar o contido, a miúdo relacionado coa súa realidade, este método capta a atención do alumnado porque o asocia ao cercano e é importante no seu mundo. Porén, a falta de tempo en numerosas ocasións provoca que non sempre sexa viábel traballar con este modelo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

TEMA 4. Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias.