A Resposta Física Total (Inspirado na presentación de Andrea Ovejero Freire)

Bo día a todos/as! Hoxe dedico a miña entrada ao tema co que traballou na súa presentación a nosa compañeira Andrea: A Resposta Física Total (Total Physical Response). Tras visualizar a súa presentación, recordei certos exercicios cos que traballaba o inglés na época escolar e decidín escribir sobre o tema. 



A Resposta Física Total é un método para a ensinanza de linguas baseado na forma en que os/as nenos/as aprenden a súa primeira lingua a través de ordes e directrices. Este método, que se levou a cabo grazas ao psicólogo James Asher, axuda á aprendizaxe de idiomas mediante a actividade física combinando fala e acción. Asher apoia a súa idea na teoría de Memory Consolidation. A respecto desta teoría, a interiorización informativa crece xunto a intensidade e frecuencia que se atopan na memoria pola información que se agarda que se ensine. Ademais, existe a idea da lateralización cerebral que afirma que cada hemisferio se encarga de funcións concretas. O hemisferio esquerdo encárgase da fala e o dereito da parte motora. Segundo Asher, para que poidamos asimilar algo no esquerdo debe pasar primeiro polo dereito, para que se reteña información. Este método de ensinanza gañou importancia a partir dos anos 70 e está baseado en distintas tradicións importantes como a psicoloxía do desenvolvemento, a teoría da aprendizaxe e a pedagoxía humanística e constructivista de Piaget, os procedementos de ensinanza de linguas de Harold e Dorothy Palmer, e a teoría de Krashen sobre el input e o output.

Neste método é moi importante o papel que desempeña o alumnado e o profesorado. Entre as funcións do/da docente atopamos: dar instrucións, motivar ao alumnado, escoller as ferramentas adecuadas, expor exemplos que axuden a comprender e memorizar, axudar a que o alumnado se familiarice co vocabulario, gramática e sons da lingua estranxeira, e non obrigar ao alumnado a falar. O/a alumnado debe: executar as instrucións, captar as sons da lingua estranxeira, interiorizar contidos de forma amena, comprender novos conceptos, grazas ao apoio de obxectos reais, a observación e os sentidos.

Nesta forma de ensinanza existen diversos aspectos, tanto positivos como negativos. Entre os positivos destacan os bos resultados que se obteñen con este método, a memorización a longo prazo, a utilidade de poder aplicar o vocabulario e gramática nun contexto real, o seu carácter dinámico, a mellora da relación entre alumnado e profesorado grazas á actividade física, ou a toma de exemplos entre compañeiros/as mediante a observación e a repetición. Entre os negativos observamos que non sempre resulta efectivo nos niveis máis elevados de aprendizaxe dunha lingua, o período de silencio é moi importante para que o alumnado asimile os coñecementos antes de aplicalos e, por iso, os resultados da RFT non son inmediatos, o estudantado non ten iniciativa (polo menos nun principio), e a RFT non é efectiva por si soa xa que incide, sobre todo, na comprensión oral.

En conclusión, malia ser unha práctica moi positiva e un método con resultados interesantes para a adquisición dun idioma, os obxectivos xerais céntranse na ensinanza da competencia oral. Por unha banda, preténdese ensinar a lingua mediante a actividade física, en relación a modelos de estímulo/resposta que son moi efectivos e válidos. Centrándonos só nunha técnica de aprendizaxe, a través do traballo dun só hemisferio do noso cerebro, non sería suficiente xa que estaríamos a obviar outros aspectos igual de necesarios.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Aprendizaxe Baseada en Proxectos (Inspirado na presentación de Noemí Soto Estévez)

TEMA 4. Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias.