TEMA 6. Programación Didáctica (Diario)
Bo día a todos/as! Hoxe vouvos falar nesta entrada Diario sobre o Tema 6 e o seu contido: a Programación Didáctica. Este foi o último material co que estivemos traballando co profesor Gonzalo na materia de Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional. Primeiro, gustaríame proporcionarvos un vídeo para que vos permita aclarar o concepto de Programación Didáctica. Que é unha PD? Así logo, comentarei un pouco certos aspectos dos que vimos na aula.
Como vimos na última sesión, a respecto das programacións vixentes na ESO e no Bacharelato, non hai establecido un ROC (Regramento Orgánico de Centro), trala publicación da LOMCE, no artigo 20 é onde se fala das programacións, as materias de libre configuración etc. Como xa sabemos, a Programación é o instrumento de planificación curricular básico que debe seguir o profesorado. Por outro lado, os departamentos didácticos dos centros desenvolven o currículo a través desta PD, establecida na organización do centro.
No tocante ás EOI, neste caso, teñen o seu propio regulamento das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia mediante o artigo 49 do Decreto 189/2010. A súa PD segue as pautas que establece o PEC (Proxecto Educativo do Centro) e a comisión de coordinación pedagóxica. Outras disposicións a ter en conta a respecto das EOI son:
-As PD serán unha achega da programación xeral anual debido ao seu carácter anual.
-A inspección educativa supervisará as PD.
-Tras as avaliacións de fin de curso, as actas serán recollidas polos departamentos nunha memoria que conterá distintos aspectos como, por exemplo, análise dos resultados das avaliacións ou propostas para a PD do próximo curso.
A continuación, presento uns cadros coa estrutura das programacións LOMCE para ESO e Bacharelato e tamén das EOI:
Alén destas programacións, atopamos as que están vixentes na FP (LOE e LOMCE). É interesante saber que estes centros teñen máis autonomía para desenvolver o currículo e as programacións pertencen a un módulo profesional. A normativa das programacións, neste caso, é a que segue:
-Temos que identificar a programación
-Adecuar as características do ámbito produtivo
-Relacionar as unidades didácticas, de forma obrigatoria, contribuirán ao desenvolvemento de cada Unidade
-Por cada Unidade necesítase: identificar a UD, os resultados de aprendizaxe (os que vamos conseguir), obxectivos específicicos, contidos, criterios de avaliación e actividades de ensino, aprendizaxe e avaliación
-Mínimos para lograr unha avaliación positiva e criterios de cualificación
-Procedementos de recuperación
-Procedementos sobre o seguimento da programación e avaliación da práctica docente
-Medidas de atención á diversidade, avaliación inicial e reforzo educativo se existen carencias importantes
-Aspectos transversais
-Manual de elaboración, seguimento e supervisión da programación a través dunha aplicación informática, está todo máis estandarizado e regrado, por exemplo, os mínimos esixidos, é un proceso máis guiado.
En FP varía un pouco o vocabulario pero ven a ser o mesmo que o que se explica na Secundaria. Distribuirase o currículo en Unidades Didácticas. Para volcar os elementos na UD de forma ordenada, conseguirase se os contidos están ben organizados. Cada responsable da materiaa debe ir cubrindo os apartados que compoñen esta programación. Ademais de escoller criterios de avaliación, que se marcan en cada unidade, que xa están cargados previamente. Existe unha relación entre procedementos e instrumentos, o que é moi positivo porque non sempre é doado establecela. Esta forma de proceder non deixa nada á improvisación, está todo ben establecido, liga criterios cos mínimos esixíbeis.
Espero que vos parecese de interese a miña aportación sobre o tema das PD, mediante esta forma de esquema a min axudoume a visualizalo mellor! Saúdos e que teñades un bo día!!
Comentarios
Publicar un comentario