Publicacións

Liña de Tempo

Imaxe
Bo día a todos/as! A través da seguinte liña de tempo poderedes comprobar que é o que traballaremos en cada sesión para levar a cabo o noso proxecto. Ánimo coas seguintes sesións!

O noso proxecto! (3)

Imaxe
Traballamos coa creatividade! Bo día alumnos e alumnas! A última actividade do noso proxecto está relacionada coas dúas primeiras e por iso servirán para que desenvolvades esta terceira. Mediante o traballo previo coas cancións e os filmes, relacionados coa temática da educación, espero que ampliarades tanto o voso vocabulario en inglés coma o voso coñecemento sobre distintas situacións da vida académica, e que tamén puiderades reflexionar sobre algúns aspectos. O que debedes realizar para a próxima sesión é un mapa conceptual coa axuda da ferramenta Cmap Tools, que poderedes descargar de forma gratuita a través deste enlace . No apartado de Materiais para actividades atoparedes tres exemplos de posíbeis estruturas para a realización deste mapa. O mapa conceptual debe servirvos como estratexia para relacionar os diferentes conceptos que consideredes máis salientábeis das actividades anteriores.  Na próxima aula realizaremos entre todos/as diferentes murais que reflictan as idea...

O noso proxecto! (2)

Imaxe
Traballamos cos filmes! Bo día a todos/as! A nosa seguinte actividade consistirá en visualizar un filme para logo realizar unha breve exposición sobre o seu argumento e a vosa opinión a respecto deste. Poderedes escoller entre dúas opcións:  Dangerous Minds ou The Breakfast Club . Cando vaiades expor, podedes apoiarvos nalgún programa de presentacións como Power Point .

O noso proxecto! (1)

Imaxe
Traballamos coa música! Bo día rapaces e rapazas! A primeira actividade para a realización deste proxecto consistirá na tradución/subtitulado dunha canción en inglés. Primeiro debedes traballar na casa coa letra enchendo os ocos baleiros nos documentos PDF que atoparedes no bloque de materiais para as actividades. Anotade calquera dúbida que teñades para resolver na aula xa que logo traballaremos co programa de subtitulado Subtitle Works . Tedes dúas opcións coas que podedes traballar, escollede a que máis vos guste!

Presentación 3, 2, 1...

Benvidos/as ao meu Blog: Gemas' Stuff! Neste vídeo tedes unha breve presentación acerca de min. Espero que as futuras publicacións sexan do voso agrado! Un saúdo!