Benvidos/as ao meu Blog: Gemas' Stuff! Neste vídeo tedes unha breve presentación acerca de min. Espero que as futuras publicacións sexan do voso agrado! Un saúdo!
Bo día a todos/as! Con este novo tema gustaríame compartir con vos a miña experiencia e opinión a respecto deste coñecemento declarativo que vimos na aula. Considero que, como futuros docentes de linguas estranxeiras, debemos concederlle importancia tamén ao coñecemento empírico e non só ao académico. Ensinar un idioma non só consiste en explicar regras gramaticais, senón tamén o contexto sociocultural no que se desenvolve o idioma en cuestión. Ao longo da vida, estamos expostos a moito tipo de información e máis agora grazas ás TICs. O que resulta fundamental é saber diferenciar o que é unha realidade, unha verdade a medias ou directamente o que non é certo. Ás veces, resulta complicado distinguir este tipo de información e mesmo ser conscientes de se resultan ser, como diriamos agora, fake news. A este respecto, como futuros docentes, debemos saber como tratar certas informacións ou como desmentir ideas ou referencias, sobre distintas culturas, que se conv...
Traballamos cos filmes! Bo día a todos/as! A nosa seguinte actividade consistirá en visualizar un filme para logo realizar unha breve exposición sobre o seu argumento e a vosa opinión a respecto deste. Poderedes escoller entre dúas opcións: Dangerous Minds ou The Breakfast Club . Cando vaiades expor, podedes apoiarvos nalgún programa de presentacións como Power Point .
Comentarios
Publicar un comentario