SUMMER CAMPSITE Guaranteed academic success starts here!! Our programs are designed to give teenager students the academic and language skills required for higher education. Whatever path you’re destined for, we can help you fulfill your potential. From 3 to 8 weeks! Immerse yourself in the daily life of your new country by living in a local campsite. You’ll enrich your understanding of the culture, pick up expressions with greater ease and acquire a more authentic accent. Homestay hosts are conveniently located, so that you can come and go as you please. For Further Information: +1 (857) 215-2399
Publicacións
Comentarios noutros blogs
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Ola a todos/as! Deixovos nesta entrada os enlaces correspondentes aos comentarios que realicei nos blogs doutras compañeiras, da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras impartida pola profesora Cristina Rodríguez. Saudiño! -Comentario no blog de Tania Rodríguez. -Comentario no blog de Andrea Ovejero. -Comentario no blog de Uxía Piñeiro.
Tema 4: A Avaliación na aula de Linguas Estranxeiras
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Bo día a todos/as! Hoxe dedicarei a miña publicación a unha parte da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, impartida pola docente Cristina Rodríguez, que trata a avaliación e o correspondente uso de descriptores (rúbricas) . Ao longo da nosa vida académica, como estudantes, experimentamos o que supón ser avaliados, ou máis ben cualificados que, malia rexistrarse como sinónimo na Real Academia Galega , non é o mesmo proceso. Comecemos deixando claro que supón cada método. A avaliación é un proceso que determina o alcance dos obxectivos, avaliar permite estimar os coñecementos, as aptitudes ou o rendemento do alumnado. Ademais, é unha oportunidade de coñecer e adoptar decisións para mellorar o rendemento académico, xa que permite cambiar e mellorar o proceso. Segundo Díaz Alcaraz (2002), este proceso divídese nas seguintes fases fundamentais: obtención de información, formulación de xuízos, toma de decisións e comunicación dos resultados da avaliación. Por
Tema 5: Estratexias de Comunicación
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Bo día e benvidos/as a todos/as a esta nova entrada no meu blog! Hoxe dedicarei a miña publicación a unha parte da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, impartida pola docente Cristina Rodríguez. Gustaríame comezar recordando unha reflexión, sobre as linguas e o plurilingüismo, que fixemos coa profesora na primeira sesión. Explicounos que as distintas linguas que coñecemos non están nun compartimento estanco, que sempre hai unha mestura xa que as linguas sempre se relacionan. Isto é, asociámolas coas nosas linguas maternas ou coas que coñecemos. É moi interesante esta cuestión, xa que, coa base que teñamos, podemos entendernos en distintas linguas. Axudan unhas a outras e a asociación entre estas é moi importante. Por iso, aínda que moitas veces digamos que non sabemos nada dun idioma en cuestión, pode sorprendernos canto chegamos a entender se prestamos atención. O outro día, por exemplo, as nosas compañeiras italianas, Sonia e Tatiana, presentaronse no
Comentarios noutros blogs
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Ola a todos/as! Deixovos nesta entrada os enlaces correspondentes aos comentarios que realicei nos blogs doutras compañeiras, da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras impartida polo profesor Gonzalo Constenla. Saudiño! -Comentario no blog de Tatiana Vendramini. -Comentario no blog de Eva Parada Antón. - Comentario no blog de Uxía Piñeiro Ogando.
Tema 1. Situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Bo día a todos/as! Benvidos/as a esta nova entrada, neste caso, en relación coa materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Hoxe realizarei a miña aportación respecto ao traballado na aula co profesor Gonzalo. Nesta parte da materia tratamos diferentes aspectos moi interesantes como, por exemplo, as diferenzas entre os termos lingua habitual, de traballo ou vehicular, mais tamén descubrimos, mediante a realización dalgunha actividade, que temos máis bagaxe sobre linguas do que pensamos. Na parte máis teórica das sesións estivemos traballando con novos conceptos que me gustaría comentar nesta entrada. Comezarei cos termos lingua inicial, materna, segunda e estranxeira. A lingua inicial podemos dicir que se adquire como forma de comunicar, non a aprendemos coa intención propia de aprendizaxe, adquírese de maneira inconsciente e antes da etapa escolar. O termo lingua materna é moi confuso xa que semella asociarse en exclusiva coa nai, o que non resulta moi raz