TEMA 6. Programación Didáctica (Dossier)

Ola a todos/as e benvidos/as a esta nova entrada Dossier do Tema 6 sobre Programación Didáctica! O profesor Gonzalo, acompañou esta parte teórica da materia xunto a unha encomenda que resultou bastante interesante. De novo, acercámonos a unha temática importante pero que segue a ser un tanto descoñecida para nós. Ademais, necesitamos familiarizarnos con este tipo de conceptos e a forma en que debemos traballar con eles, sobre todo, de cara a un futuro relacionado coas oposicións.

A tarefa consistiu nunha análise/avaliación a través da observación dunha Programación Didáctica. Traballamos por grupos e debíamos escoller unha PD real dun centro concreto. O profesor proporcionounos unha rúbrica, que se emprega na fase de oposición, para poder comprobar o grao de cumprimento da PD. Ás miñas compañeiras e a min pareceunos moi útil e interesante este contacto coa PD e, sobre todo, co proceso de avaliación na oposición. Consideramos que nos axuda a ter unha idea sobre a nosa futura oposición.



A Programación Didáctica que analizamos corresponde a un centro da cidade de Vigo, o IES Santa Irene. Decidimos traballar coa programación correspondente ao curso de 4º ESO e, como podedes comprobar na nosa presentación, fixemos unha análise de cada apartado indicando a puntuación que lle outorgabamos explicando as razóns. En xeral, consideramos que é unha programación que se axusta de forma correcta aos estándares que, polo menos, se esixen nestas probas. Chamounos a atención que, malia estar avaliando de forma positiva, a suma total desta parte non fose moi “xenerosa”, o que fai que nos deamos de conta do importante que poden chegar a ser unhas decimas nun tipo de exame como o das oposicións. Trala realización da análise e correspondente presentación desta PD, entre as catro persoas que formabamos o noso grupo, na seguinte clase expusemos como realizaramos esta tarefa, a xustificación das nosas respostas e formas de proceder.




En conclusión, pensamos que foi unha actividade bastante amena que captou o noso interese e motivou que todas participaramos debido a nosa curiosidade pola temática opositora. Ao meu parecer, iso si, pregúntome o por que de non existir un modelo unificado, que permita seguir unhas pautas para que todos os centros se cingan e non exista risco de erro ou falta de información nalgunha parte das programacións. E vos que opinades? Tivéchedes a mesma sensación ca min? Saúdiño!

Comentarios

  1. ¡Hola Gema!

    Antes de nada, felicidades por tu entrada. Me ha parecido muy interesante y coincido contigo en lo que explicas.

    Al igual que vuestro grupo, nosotras también analizamos una programación del IES Santa Irene y la sensación final general es prácticamente igual que la vuestra. A pesar de estar bastante bien organizada y redactada y de ser coherente entre las distintas secciones, la puntuación final no fue tan alta como podíamos esperar.

    Estoy de acuerdo contigo cuando dices que por qué no tenemos un modelo unificado para realizar programaciones en la ESO y el Bachillerato. Considero que una aplicación como la que utilizan en el caso de las FP sería muy útil, ya que, así, simplemente tendrían que cubrir los distintos apartados, sin necesidad de andarse preocupando por qué modelo utilizar o cómo redactarlas.

    Además, también sería beneficioso para las familias y los/as tutores/as, que tendrían a su disposición todo lo que necesitan saber de todas las asignaturas que curse el alumnado, a diferencia de la situación actual en la que muchos centros no las tienen ni colgadas en su web y, los que las tienen, no suelen estar demasiado completas o ser muy claras.

    ¡Un saludo y que pases unas muy buenas vacaciones!

    ResponderEliminar
  2. Ola Gema!

    Noraboa pola entrada! Efectivamente, estou de acordo contigo cando dis que esta actividade resultou de grande utilidade sobre todo no que se refire ao futuro proceso das oposicións, polo que moitos de nós pasaremos para chegar a converternos en docentes. Esta tarefa permitiunos pasar por un momento das ideas aos feitos e comprobar nós mesmas o nivel de esixencia dos tribunais, asumindo xustamente este rol, poñéndonos no lado avaliador.

    Ademais, o feito de avaliar unha programación didáctica dun centro real paréceme moi interesante porque permitiunos ver a realidade práctica que temos no panorama educativo vixente. Talvez resultou un pouco desacougante ver que da teoría á práctica pérdense moitos elementos polo camiño, posto que polo menos da nosa programación didáctica puidemos concluir coa axuda da rúbrica que pese a cumprir os mínimos estándares, había moitos apartados que se esixen na oposición que logo na práctica educativa non se levan a cabo.

    En definitiva, unha tarefa interesante a tódolos niveis.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Aprendizaxe Baseada en Proxectos (Inspirado na presentación de Noemí Soto Estévez)

Comentarios noutros blogs

TEMA 1. O ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico.