Publicacións

TEMA 5: Deseño Curricular (Diario)

Imaxe
Ola a todos/as! Hoxe falareivos, nesta entrada diario, sobre as sesión do 25 de novembro e 09 de decembro, da materia de  Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional. Esta parte é a que corresponde   ao   Tema 5 que trata sobre o Deseño Curricular, e que imparte o  profesor Gonzalo Constenla. A respecto dos contidos teóricos desta parte da materia, estivemos traballando con información sobre a ESO, o Bacharelato, a FP, a EOI, os seus respectivos currículos e a súa relación na  LOMCE  (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa) . Por iso, a raíz da repercusión desta Lei na Educación, gustaríame centrar a atención neste ámbito. A continuación, farei unha breve achega persoal sobre a LOMCE e a LOE  (Lei Orgánica de Educación) , esta modificada pola LOMCE. Respecto a LOE, paréceme unha Lei que si valora as necesidades de cada persoa para lograr que a educación se caraterice pola calidade. Non só isto, senón qu...

TEMA 5: Deseño Curricular (Dossier)

Imaxe
Bo día compañeiros/as! Hoxe gustaríame compartir con vos, nesta entrada Dossier, a experiencia da sesión dos días 25/11 e 09/12. Nesta ocasión, traballamos o  Tema 5: Deseño Curricular , co profesor Gonzalo Constenla. A primeira actividade que fixemos foi unha posta en común dos coñecementos sobre o Currículo na ESO, FP e Bacharelato. O profesor realizou unha serie de preguntas relacionadas con este tema e sobre as que debíamos realizar unha movilización destes aspectos que xa tratamos, de forma breve, na materia de  Deseño Curricular . O máis curioso resultou a forma en que tiñamos que traballar, primeiro en grupos de dúas persoas, despois de catro e seis, e así ata terminar todos na aula facendo as nosas aportacións sobre a materia. Penso que foi moi interesante esta forma de traballar, por unha parte, dinme de conta que necesitaba “refrescar” certos aspectos do currículo. Por outra banda, o feito de comezar con grupos reducidos e ir ampliando, fai que cada un...

TEMA 3. A ensinanza-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais

Imaxe
Bo día a todos/as! Hoxe gustaríame enfocar o tema da miña entrada cara ao Plurilingüismo, cuestión sobre a que estivemos a falar na última clase. Para comezar debemos aclarar que significa este concepto. O Plurilingüismo ou Multilingüismo está relacionado co feito de que unha persoa ou comunidade sexa capaz de comunicarse en varias linguas. Ao que sempre me preguntei: e quen non quere ser plurilingüe? Como estudante, e futura docente, de linguas penso que é unha riqueza a diversidade de idiomas e linguas existentes en todo o mundo. Por iso, considero que se lle debe dar importancia e valor a este feito xa que pode ser unha boa forma de evitar a desaparición de moitas linguas que están a piques da extinción. Se conseguimos que na sociedade se valorice a coexistencia de máis dunha lingua, contribuiremos á normalización desta situación que, na miña opinión, enriquece a unha cultura. Supoño que vos estaredes preguntando se estou a falar do caso do galego e, en parte...

TEMA 4. Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias.

Imaxe
Bo día a todos/as! Con este novo tema gustaríame compartir con vos a miña experiencia e opinión a respecto deste  coñecemento declarativo  que vimos na aula. Considero que, como futuros docentes de linguas estranxeiras, debemos concederlle importancia tamén ao coñecemento empírico e non só ao académico. Ensinar un idioma non só consiste en explicar regras gramaticais, senón tamén o contexto sociocultural no que se desenvolve o idioma en cuestión. Ao longo da vida, estamos expostos a moito tipo de información e máis agora grazas ás TICs. O que resulta fundamental é saber diferenciar o que é unha realidade, unha verdade a medias ou directamente o que non é certo. Ás veces, resulta complicado distinguir este tipo de información e mesmo ser conscientes de se resultan ser, como diriamos agora,  fake news.  A este respecto, como futuros docentes, debemos saber como tratar certas informacións ou como desmentir ideas ou referencias, sobre distintas culturas, que se conv...

TEMA 2. O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Imaxe
Ola compañeiros/as! Hoxe gustaríame tratar o tema do MERCL, que xa ben coñecedes todos/as, relacionándoo coa miña propia experiencia a través da EOI (Escola Oficial de Idiomas). Como xa sabedes, O MERCL é unha ferramenta moi útil para as persoas que traballamos coas linguas. Na miña opinión, é fundamental poder contar cuns criterios de aprendizaxe e avaliación que nos permitan coñecer o noso nivel, e grazas a estos mellorar nos aspectos que percibimos que son nos que temos máis carencias. Mediante a detección destas “fallas” nalgunha área concreta poderemos escoller a mellor estratexia para traballar o que máis necesitemos. Respecto a EOI (de Vigo) son alumna desta escola de idiomas desde hai sete anos. Cando me matriculei por primeira vez en inglés, fíxeno porque sempre foi unha lingua que me encantou. Malia poder acceder ao nivel B2 co título do Bacharelato, decidín comezar desde o nivel A1, é dicir desde o comezo, porque sentía a necesidade de facer un bo repaso do idioma...

TEMA 1. O ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico.

Imaxe
Benvidos/as á miña primeira entrada da materia  As linguas estranxeiras no Contexto Español e Internacional . Hoxe tratarei o tema da educación e a ensinanza das linguas, xa que, creo con firmeza no poder da educación e na aprendizaxe de linguas, por iso considero que debemos outorgar a estes aspectos a importancia que merecen. Comezarei polo aspecto das distintas Leis que foron cambiando o sistema educativo a través do tempo en España. Desde o ano 1970, cando se aprobou a LGE ( Ley General de Educación ), primeira lei que introduciu o idioma moderno nunha etapa obrigatoria da educación, ata o ano 2013, momento en que se aprobou a LOMCE ( Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa ), o noso sistema educativo experimentou seis cambios de lei. Estes cambios provocan, en certo modo, unha inestabilidade na nosa educación, e están intimamente ligados á política e ao goberno en cuestión que está a dirixir o país. Isto é algo que carece de sentido se valoramos o ...

Thanksgiving Day

Imaxe
Bo día mozos e mozas! Como repaso ao noso último tema Thanksgiving Day, deixovos o enlace para que o poidades refrescar un pouco de forma máis amena. No caso de ter algún problema co enlace, atoparedes o QR correspondente a esta actividade no apartado de Materiais para actividades. Vémonos nas aulas!